Nel amosamos primeiramente a ponte romana de Pontecesures, que ten a sua orixe no século I d.c, que virá seguida da pesca da lamprea do Ulla, tamén neste mismo concello, mediante o emprego das nasas, nun principio, e das pesqueiras romanas despois.
Posteriormente amosasmos o miradoiro do Ghaliñeiro, as fervenzas de parafita en Raxoi, Valga, a carballeira e o rio e unhas fervenzas e muíños en Caldas para rematar ca desembocadura do río Ulla en Catoira, lugar onde se encontran as torres vikingas do Oeste.

Ademais, todo isto do video queda baixo a denominación ou marca de turismo natural e cultural das Terras do Baixo Ulla, agrupación ficticia dos concellos de Valga, Pontecesures, Catoira e Caldas de Reis, baixo o logo que xa presentamos dias anteriores.
Pois unha vez ditas todas as novas despedímonos, que teñades todos un bo fin de semana, ata a próxima!