viernes, 22 de febrero de 2013

folga de iberia


   Como todos saberedes, os empleados de Iberia concertaron unha folga para a semana do 18 o 22 de febreiro, na que e cancelaron  uns 1200 voos de aerolineas depedentes desta como Air Nostrum, Iberia Express ou Vueling, entre outras.
O motivo foi o  plan de reestructuración da empresa na que están incluidos uns 3807 despidos.


   Este mércores os sindicatos e a dirección non chegaron a   acordo, polo que o calendario de paros previstos segue adiante e non descartan amplialos e intensificalos.  Os próximos paróns están previstos para a semana do 4 ao 8 de marzo e do 18 o 22 de marzo.
Está situación esta sendo incontrolable en moitos aeroportos de España, sobre todo o de Madrid-Baraxas.


   Os primeiros damnificados son evidentemente os pasaxeiros, que critican e non apoian a folga, debido os seus retrasos, pero tamén entenden aos traballadores da aerolínea, moitos deles de certa idade, e que seguramente, vendo como está o panorama actual, poden ter dificultades para seguir traballando noutras empresas e poder acadar o retiro.



 http://www.lavanguardia.com/economia/20130206/54366421516/sindicatos-convocan-15-dias-huelga-iberia-febrero.html


   Ambas posturas son entendidas, uns defenden os seus intereses laborales como moitos outros sectores fixeron ao largo  de estes 4 anos de crise  (véxase o caso das marchas negras dos mineiros astur-leoneses e o das marchas verdes e blancas dos traballadores da sanidade pública.), e outros, que intentan aproveitar os poucos dias de vacacións dos que dispoñen e lles molesta non poder disfrutalos por mor das cancelacions de voos.



   A nos gustaríanos que estas folgas cesaran, xa que isto significaría a existencia dun acordo entre traballadores folguistas e empresarios e así non se verían mais afectados, se cabe, outros sectores relacionados ca recepcion de pasaxeiros como as axencias de viaxes, hoteis, restaurantes, e como non, os guias, que ven a sua actividade mermada nestes dias.






                                              Un saudo a todos e todas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario