Estamos a punto de entrar no festivo do 12 de Outubro, pero que se celebra exactamente este día?
Pois este día celébrase o día da Hispanidade, conmemorando as efemérides históricas do Descubrimento de América por Cristóbal Colón, que a partir dese día, comézase o contacto entre Europa e o novo mundo atopado.
Este día celébrase un desfile militar, presidido polo Rey Xoan Carlos, xunto a Familia Real, e os representantes de todos os poderes do estado, incluidos os presidentes da meirande parte das autonomías.
Ese día tamén é a celebración do dia da Nosa Señora do Pilar, patroa de España, que ten lugar na cidade de Zaragoza.
No 2012, este día coincide en venres, e moita xente aproveita para facer unha ponte na que tomarse unhas "mini" vacacións.
Pero, a donde poderíamos ir? Damosvos algunas axudas:
A mellor opción para esta ponte, sería visitar a cidade de Zaragoza e todo o que conleva as festas do Pilar, moi importantes, famosa pola ofrenda floral que recibe a Virxe. Aproveitando esta estadía, en Zaragoza tamén podemos contemplar numerosos edificios históricos, como a Catedral, o castelo da Aljafería, o teatro romano e a Torre da Auga, ou tamén disfrutar da gran oferta de museos, como o das termas de Caesar Augusta ou o museo etnográfico.
Pero se non nos queremos ir tan lexos da nosa comunidade podemos relaxarnos cunha fin de semana nun balneario, como o de Guitiriz ou o da illa da Toxa, que nos ofertan gran variedade de circuitos termales a prezos especiais.
Outra boa opción é a posibilidade de disfrutar de calquera dos parques temáticos que hai na península, nos que ainda se pode disfrutar das suas instalacións cun tempo aínda favorable, e que tamén dispoñen de boas ofertas para esta ponte como a Warner Bross de Madrid ou Port Aventura en Tarragona.
Os amantes da gastronomia poden agradarse cunha estancia en calquera das casa de turismo rural de Galicia, que durante esta ponte están a ofertar o Outono gastronómico, que a parte das actividades propias, inclue degustacións de comida típica de cada zona, ou a Festa do Marisco no Grove que celebra a sua 49ª edición.
Para os máis festeiros, recordarvos que as festas do San Froilán en Lugo, que rematan este fin de semana, é a mellor oportunidade para degustar o polvo nas casetas e do ambiente festeiro da cidade das murallas.
Non será por cousas que facer...
Holaa!!Somos Cristina,Wanderley y Cintia.
ResponderEliminar