lunes, 5 de noviembre de 2012

A casa de Sixto

O turismo rural, como turismo punteiro de Galicia, está a ofrecer diferentes paquetes turísticos. compostos por diferentes servicios, asi coma o aloxamento e as diferentes actividades que cada casa nos ofrece, como rutas de sendeirismos, a pé ou a cabalo, rutas en quad,...

Neste post, centramonos na Casa de Sixto, situada en Sas (Betanzos).


Situada nun enclave privilexiado, con vistas a cidade de Betanzos (antiga capital do reino de Galicia).
A casa de Sixto, está adherida a Q de calidade turística, que garantiza os seus servizos.


Como productos intanxibles, ofértanos un servicio de aloxamento ( individual 60€, doble 75€ por día, dispoñendo de oito habitacións dobles con baño e unha individual con baño.), na que poderemos descansar e relaxarnos nun medio tranquilo, ou disfrutar dunha amplísima gama de actividades para mergullarnos no medio rural, como poden ser: rutas a cabalo ou en bicileta a traves dos montes da comarca, caza e pesca, paseos naúticos, tenis, padel, ximnasio ou sauna.

Aqui vos deixamos un video presentación das instalacións e do entorno:

http://www.youtube.com/watch?v=hi8xJkDJBXM


Como productos tanxibles, podemos profundizar nos productos gastronómicos desta zona, gracias a pensión alimenticia (que ronda os 40€ por día e persona) co que nos deleitaran na casa do sixto.
O menú vai sempre referido a productos de tempada, como poden ser as xibias, os productos da horta como a cabaza, grelos e a remolacha, e a caza, como o xabarín, o corzo e os coellos.
Un menu da temporada actual sería:

1º Caldo galego de navizas
2º Revolto de castañas con cogomelos e ovos da casa.
3ª Corzo ó espeto

Postre: Tarta de amorodos caseira

Bebida, cafe de pota e licores da zona.




Aproveitando esta visita podemos visitar o Mesón o Pote en Betanzos, para degustar a sua tortilla (sobre 15€ unha tortilla para catro persoas) que foi galardoado co trofeo a mellor tortilla de España no ano 2011.



Bo proveito
















No hay comentarios:

Publicar un comentario