jueves, 22 de noviembre de 2012

   A partires do vindeiro ano a Catedral de Santiago comezará a recaudar mediante o cobro das visitas dos turistas ao interior do enclave. Deste xeito o Cabildo pretende gañar  un millón de euros ao ano, capital que será supostamente investido en seguiridade e mantemento do edificio.
   Esta medida non nos resulta nova, xa que, tamén foi adoptada anteriormente na maioria dos templos concuridos por turistaas no resto do país, sendo  a nosa das poucas gratis até o de agora, exceptuando o uso do botafumeiro.


   A parte de que estes cartos se destinarían a seguridade e mantemento do edificio, tamén permitirá aos turistas realizar outras actividades que mellorarán a calidade da visita e que até o momento non estaban dispoñibles. Entre estas novidades destácase: visitas nocturnas guiadas, o que pode ser unha experiencia única, a posibilidade de acceder á torre do reloxo (a Berenguela á esquerda), e  ao claustro  e, por último, poñeránse a disposición do público diferentes salas do pazo de Xelmirez (á dereita)para o seu arrendamento e disfrute.



   Pola contra, estas medidas recortarán enormemente o horario de visita ao edificio o que repercutirá no comercio da zona, a restauración e ao turista principalmente, xa que as aglomeracións serán maiores.

  Baixo o noso punto de vista que cobren pola entrada é xusto e necesario, sempre que estes fondos resulten ben invertidos na catedral e non vaian parar as mans do Vaticano.


Fontes: http://elpais.com/diario/2011/07/19/galicia/1311070698_850215.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario