Pero esta festa en moitos lugares, chega a ser un auténtico descontrol. Existen sitios moi concurridos por extranxeiros co único fin de emborracharse e perder o control.
Salou ou Ibiza son un destes focos, pero nesta entrada vámonos a centrar en Palma de Mallorca, concretamente en Magalluf.
Esta entrada surxe a partir da polémica sobre a reportaxe emitida na BBC sobre o que acontece neste pobo mallorquín cando o sol "se pon".
Aquí está o link da citada reportaxe:
http://www.youtube.com/watch?v=o3ZuFHC_6Xc
O que ocorre nesta cidade é un turismo con moitos adeptos, que deixa moito diñeiro na zona, sobre todo na campaña de verán, baseado na inxesta de enormes cantidades de alcohol, moi barato para o peto do turista europeo.
A esta inxesta de alcohol, súmanselle todo tipo de destrozos no mobiliario, altercados nocturnos entre os xóvenes, como pelexas, timos por ladroas que se fan pasar por prostitutas, etc.
Outro práctica común destes individuos, é a practica do "balconing", unha modalidade que consiste en saltar dun balcón á piscina, ou mesmo entre balcóns. Esta práctica, xuntada cas cantidades elevadísimas de alcohol que levan os suxeitos, produce en moitos casos, un final tráxico, como os 12 mortos que contabilizaron no ano 2012.
Os veciños da zona, queixanse deste novo tipo de turismo, xa que hai uns anos, o que viña era turismo familiar. Eles queren turismo pero esa suciedade polas mañáns, ou eses altercados a altas horas da madrugada, din que non favorecen para nada a imaxe da vila.
O Samur e as ambulancias non dan abasto durante a época de apoxeo, e outras zonas quedan desatendidas.
O roubos aumentan e os que residen na zona viven atemorizados.
Outro punto que non gustan é a cantidade de violaciones que se producen na zona, o ano 2012, foron entre 15 e 20 violacións ou intentos de violacións no verán.
A España sempre se lle deu esa imaxe de festa no exterior pero, é realmente este tipo de imaxe de "festa" o que queremos dar??
No hay comentarios:
Publicar un comentario