lunes, 29 de abril de 2013

Hola e benvidos de novo o este blog, é un placer para nos.

Hoxe seguiremos a falarvos do noso xeodestino do Baixo Ulla, traendovos unha serie de rutas e camiñatas moi apetecibles, e moi belas, pola sua rica natureza.
A primeira das rutas que vos vamos propoñer, e a ruta Xacobea Mar de Arousa, que é unha das máis demandadas da comarca.



Esta ruta é o percorrido que seguiu o corpo do Apostolo Santiago en barco polo río Ulla ata Pontecesures, destacando o tramo que empeza en Catoira e remata en Valga, que é dunha fermosura fora do común.

Discorre todo él pola beira do río Ulla, pasando por diante das Torres do Oeste, e discorrendo durante uns 5 km por pasarelas de madeira e sendas de terra que se perden polas frondosidades dos bosques atlánticos.
Entrando en Valga, o percorrido segue por unha pista asfaltada sen trafico para que despois de 5-6 km chegemos a Pontecesures, e cruzando o río, enlazamos co Camiño Portugues, na ponte que divide as provincias de Pontevedra e A Coruña.

Outra das rutas que  vos ofrecemos sería a chamada Ruta Circular por Catoira, que percorre os carreiros máis fermosos do concello. Un dos problemas para esta ruta son os tramos que estan desatendidos e impracticables, pero as zonas que si estan practicables como as beiras do rego de Sac Cibrán e do río Catoira, por paraxes únicos, con principio e fin no centro de Catoira.

Durante este percorrido podemos visitar as famosas Torres do Oeste, donde ocorreu o desembarco vikingo.

 Por ultimo unha ruta que vos recomendamos,
sería Ruta dos Furanchos e Adegas máis populares  da zona. Un requisito imprescidible é desplazarse de tasca a tasca sen empregar ningun vehiculo a motor, xa que as bebidas típicas destes lugares son de unha espirituosidade elevada para manexar este tipo de medios de lcomoción, polo que é preferible usar bicicletas, as pernas ou a cabalo.



Empezamos a ruta en Catoira, onde atopamos A Taberna Vikinga lugar de onde destacan as suas grandes xerras de cerveza, a música celta e decoración temática que transportan ao visitante a terras bárbaras.

Seguindo  ca mesma temática e sen saires do concello de catoira atopamos o Galeón Vikingo, un establecemento no que coincidiredes seguramente cos persoeiros ilustres galegos como Toñito de Poi e outros integrantes da afamada banda galega Heredeiros da Crus.





Despois compre desprazarse un kilómetros para disfrutar do Furancho da Praia Fluvial de Vilarello, xa no concelo de Valga, lugar que destaca polo bo viño da casa ( pero da casa de verdade, xa que teñen as viñas ao redor do establecemento) e a sua cociña (recomendamos probar a sua zorza on patacas fritidas, tanto pola abundancia das racións como pola calidade do prato).







Finalmente deplazámonos ao concello de Pontecesures, lugar onde finaliza a ruta que vos propoñemos hoxe, para isto deberiades ter percorridas tódalas veigas, a dia de hoxe anegadas polas chuvias, que limitan co rio Ulla. Neste ultimo lugar propoñemosvos degustar de calqueira dos pratos de Casa Pedreiro, expertos na elaboracion de paellas, cocidos e lampreas de dimensións esaxeradas, e tamén dos viños e licores da casa da Adega a Pia, enxebre lugar de onde vos recomendamos o seu licor café e a crema de orujo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario