jueves, 11 de abril de 2013

Moi boas tardes a tódolos nosos seguidores, dende o equipo técnico de O Turismo como na casa esperamos que disfrutárades ao máximo das vosas vacacións de semana santa, igual que fixemos nos.

Hoxe queremos proporcionarvos máis información sobre os diferentes concellos que amosamos no video da entrada anterior, para isto compre, nun primeiro lugar, que saibades cales foron os municipios nos que grabamos. Estes foron:  Pontecesures, Caldas, Catoira e Valga, todos na provincia de Pontevedra.




 O primeiro lugar ao que facemos referencia,
Pontecesures, é un pequeno concello no que predomina a
 industria e a pesca. Fruto desto surxe o plan deste Domingo 14 de Abril do 2013, a ansiada XVIII Festa da Lamprea. Nesta data, tódolos que se acheguen aló poderán degustar este afamado manxar acompañado de arroz e picatostes. Ademais este evento coincidirá  cunha feira de automóviles antigos organizada pola asociación "Mirandolle os Dentes", a cal é a mais antiga de Galicia.


Ademais, este concello é lugar de amarre dos catamaráns que fan a ruta marítima do camiño de santiago, que sale de Catoira, na ria de Arousa, e ascende polo Ulla recreando parte do itinerario que segui a barca de pedra do Apostolo Santiago.
Aqui deixamosvos un video proba do contado: http://www.youtube.com/watch?v=7swfxTZQ7UI

No referido ao concello de Catoira destaca a Romaría Vikinga, festividade que recrea a chegada deste pobo ao lugar das Torres do Oeste.

Esta festividade, declarada de Interese Turístico Internacional, consiste na representación do desembarco do pobo vikingo e a defensa das torres do Oeste por parte da poboación local.

Todo esto acompañado de viño e de troula durante toda a última fin de semana de agosto.


Esperamos que esta entrada vos animase a visitar estes lugares con tanto encanto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario