lunes, 29 de abril de 2013

Hola e benvidos de novo o este blog, é un placer para nos.

Hoxe seguiremos a falarvos do noso xeodestino do Baixo Ulla, traendovos unha serie de rutas e camiñatas moi apetecibles, e moi belas, pola sua rica natureza.
A primeira das rutas que vos vamos propoñer, e a ruta Xacobea Mar de Arousa, que é unha das máis demandadas da comarca.



Esta ruta é o percorrido que seguiu o corpo do Apostolo Santiago en barco polo río Ulla ata Pontecesures, destacando o tramo que empeza en Catoira e remata en Valga, que é dunha fermosura fora do común.

Discorre todo él pola beira do río Ulla, pasando por diante das Torres do Oeste, e discorrendo durante uns 5 km por pasarelas de madeira e sendas de terra que se perden polas frondosidades dos bosques atlánticos.
Entrando en Valga, o percorrido segue por unha pista asfaltada sen trafico para que despois de 5-6 km chegemos a Pontecesures, e cruzando o río, enlazamos co Camiño Portugues, na ponte que divide as provincias de Pontevedra e A Coruña.

Outra das rutas que  vos ofrecemos sería a chamada Ruta Circular por Catoira, que percorre os carreiros máis fermosos do concello. Un dos problemas para esta ruta son os tramos que estan desatendidos e impracticables, pero as zonas que si estan practicables como as beiras do rego de Sac Cibrán e do río Catoira, por paraxes únicos, con principio e fin no centro de Catoira.

Durante este percorrido podemos visitar as famosas Torres do Oeste, donde ocorreu o desembarco vikingo.

 Por ultimo unha ruta que vos recomendamos,
sería Ruta dos Furanchos e Adegas máis populares  da zona. Un requisito imprescidible é desplazarse de tasca a tasca sen empregar ningun vehiculo a motor, xa que as bebidas típicas destes lugares son de unha espirituosidade elevada para manexar este tipo de medios de lcomoción, polo que é preferible usar bicicletas, as pernas ou a cabalo.



Empezamos a ruta en Catoira, onde atopamos A Taberna Vikinga lugar de onde destacan as suas grandes xerras de cerveza, a música celta e decoración temática que transportan ao visitante a terras bárbaras.

Seguindo  ca mesma temática e sen saires do concello de catoira atopamos o Galeón Vikingo, un establecemento no que coincidiredes seguramente cos persoeiros ilustres galegos como Toñito de Poi e outros integrantes da afamada banda galega Heredeiros da Crus.





Despois compre desprazarse un kilómetros para disfrutar do Furancho da Praia Fluvial de Vilarello, xa no concelo de Valga, lugar que destaca polo bo viño da casa ( pero da casa de verdade, xa que teñen as viñas ao redor do establecemento) e a sua cociña (recomendamos probar a sua zorza on patacas fritidas, tanto pola abundancia das racións como pola calidade do prato).







Finalmente deplazámonos ao concello de Pontecesures, lugar onde finaliza a ruta que vos propoñemos hoxe, para isto deberiades ter percorridas tódalas veigas, a dia de hoxe anegadas polas chuvias, que limitan co rio Ulla. Neste ultimo lugar propoñemosvos degustar de calqueira dos pratos de Casa Pedreiro, expertos na elaboracion de paellas, cocidos e lampreas de dimensións esaxeradas, e tamén dos viños e licores da casa da Adega a Pia, enxebre lugar de onde vos recomendamos o seu licor café e a crema de orujo.

jueves, 11 de abril de 2013

Moi boas tardes a tódolos nosos seguidores, dende o equipo técnico de O Turismo como na casa esperamos que disfrutárades ao máximo das vosas vacacións de semana santa, igual que fixemos nos.

Hoxe queremos proporcionarvos máis información sobre os diferentes concellos que amosamos no video da entrada anterior, para isto compre, nun primeiro lugar, que saibades cales foron os municipios nos que grabamos. Estes foron:  Pontecesures, Caldas, Catoira e Valga, todos na provincia de Pontevedra.




 O primeiro lugar ao que facemos referencia,
Pontecesures, é un pequeno concello no que predomina a
 industria e a pesca. Fruto desto surxe o plan deste Domingo 14 de Abril do 2013, a ansiada XVIII Festa da Lamprea. Nesta data, tódolos que se acheguen aló poderán degustar este afamado manxar acompañado de arroz e picatostes. Ademais este evento coincidirá  cunha feira de automóviles antigos organizada pola asociación "Mirandolle os Dentes", a cal é a mais antiga de Galicia.


Ademais, este concello é lugar de amarre dos catamaráns que fan a ruta marítima do camiño de santiago, que sale de Catoira, na ria de Arousa, e ascende polo Ulla recreando parte do itinerario que segui a barca de pedra do Apostolo Santiago.
Aqui deixamosvos un video proba do contado: http://www.youtube.com/watch?v=7swfxTZQ7UI

No referido ao concello de Catoira destaca a Romaría Vikinga, festividade que recrea a chegada deste pobo ao lugar das Torres do Oeste.

Esta festividade, declarada de Interese Turístico Internacional, consiste na representación do desembarco do pobo vikingo e a defensa das torres do Oeste por parte da poboación local.

Todo esto acompañado de viño e de troula durante toda a última fin de semana de agosto.


Esperamos que esta entrada vos animase a visitar estes lugares con tanto encanto.


viernes, 8 de marzo de 2013

Vídeo Baixo Ulla

   Bueno, en primeiro lugar moi boas noites a tódolos nosos seguidores, hoxe queremos amosarvos un spot publicitario que realizamos para promocionar turísticamente a zona do Baixo Ulla.


 


   Nel amosamos primeiramente a ponte romana de Pontecesures, que ten a sua orixe no século I d.c, que virá seguida da pesca da lamprea do Ulla, tamén neste mismo concello, mediante o emprego das nasas, nun principio, e das pesqueiras romanas despois.

   Posteriormente amosasmos o miradoiro do Ghaliñeiro, as fervenzas de parafita en Raxoi, Valga, a carballeira e o rio e unhas fervenzas e muíños en Caldas para rematar ca desembocadura do río Ulla en Catoira, lugar onde se encontran as torres vikingas do Oeste.


    Ademais, todo isto do video queda baixo a denominación ou marca de turismo natural e cultural das Terras do Baixo Ulla, agrupación ficticia dos concellos de Valga, Pontecesures, Catoira e Caldas de Reis, baixo o logo que xa presentamos dias anteriores.




   Pois unha vez ditas todas as novas despedímonos, que teñades todos un bo fin de semana, ata a próxima!


viernes, 22 de febrero de 2013

folga de iberia


   Como todos saberedes, os empleados de Iberia concertaron unha folga para a semana do 18 o 22 de febreiro, na que e cancelaron  uns 1200 voos de aerolineas depedentes desta como Air Nostrum, Iberia Express ou Vueling, entre outras.
O motivo foi o  plan de reestructuración da empresa na que están incluidos uns 3807 despidos.


   Este mércores os sindicatos e a dirección non chegaron a   acordo, polo que o calendario de paros previstos segue adiante e non descartan amplialos e intensificalos.  Os próximos paróns están previstos para a semana do 4 ao 8 de marzo e do 18 o 22 de marzo.
Está situación esta sendo incontrolable en moitos aeroportos de España, sobre todo o de Madrid-Baraxas.


   Os primeiros damnificados son evidentemente os pasaxeiros, que critican e non apoian a folga, debido os seus retrasos, pero tamén entenden aos traballadores da aerolínea, moitos deles de certa idade, e que seguramente, vendo como está o panorama actual, poden ter dificultades para seguir traballando noutras empresas e poder acadar o retiro.



 http://www.lavanguardia.com/economia/20130206/54366421516/sindicatos-convocan-15-dias-huelga-iberia-febrero.html


   Ambas posturas son entendidas, uns defenden os seus intereses laborales como moitos outros sectores fixeron ao largo  de estes 4 anos de crise  (véxase o caso das marchas negras dos mineiros astur-leoneses e o das marchas verdes e blancas dos traballadores da sanidade pública.), e outros, que intentan aproveitar os poucos dias de vacacións dos que dispoñen e lles molesta non poder disfrutalos por mor das cancelacions de voos.



   A nos gustaríanos que estas folgas cesaran, xa que isto significaría a existencia dun acordo entre traballadores folguistas e empresarios e así non se verían mais afectados, se cabe, outros sectores relacionados ca recepcion de pasaxeiros como as axencias de viaxes, hoteis, restaurantes, e como non, os guias, que ven a sua actividade mermada nestes dias.






                                              Un saudo a todos e todas!


jueves, 31 de enero de 2013

FITUR 2013

Chega un fin de semana moi importante para o turismo. Chega a feira internacional máis importante deste campo, chega FITUR!!!!!!!



Onte mércores a sua Maxestade o Príncipe Felipe e a sua dona inauguraban o recinto expositivo que estará aberto ata o domingo 3 de febreiro no Recinto feiral de Ifema en Madrid.

Fitur é punto de encontro global para profesionais do turismo e a feira lider para os mercados receptivos e emisores de Iberoamérica.

FITUR es el punto de encuentro global para los profesionales del turismo y la feria líder para los mercados receptivos y emisores de Iberoamérica.
Esta feira, atraerá a Madrid as últimas novedades e atractivos turísiticos de paises de todo o mundo, ven cargada de novedades como a oferta de descontos, promocións e ventas exclusivas ó público.

Aquí tendes o link para ver as novidades:

http://www.tetuanmadrid.com/mejor-fitur-2013-ofertas-viajes-turismo-sostenible-enoturismo/



Non podemos olvidarnos, de que TurGalicia, como todos os anos, será o noso representante.
O espacio será máis reducido que outros anos, e o presuposto baixara un 30% debido a crise, pero o stand galego, a parte de ofrecer degustacións de polvo, empanada e crema de orujo, por fin desvelerá os seus "secredos" da sua campaña: Galicia, gárdasme o segredo?






http://www.hosteltur.com/130470_turgalicia-comercializara-experiencias-fitur.html


Outra das novidades máis destacadas, son os novos mercados emerxentes de América Latina, como por exemplo Panamá, Haiti ou a República Dominicana.

Os seus grandes atractivos son sobre todo, o turismo de sol e playa, pero tamén está en auxe o turismo de natureza, e neste campo, países de Latinoamérica, poden ofrecer moito.
Existen stands, como o de Panamá, que ofrecen visitas virtuales os seus Parques Nacionais nunha bicicleta ou montado nun Kayak.


O turismo de México sigue promocionando os Mayas, que tan bos resultados lle deu o pasado ano e loitando cos problemas de seguridade urbana.


http://www.arecoa.com/marketing/latinoamerica-asiste-a-fitur-de-cara-a-combatir-la-crisis-economica-europea/

Moi pronto teredes máis información que iremos contrastar in situ a Madrid, xa que comos bos profesionais do turismo, estaremos presentes nesta edición, asi que:

FITUR, ALAAA VAMOOOOOS!!!


lunes, 21 de enero de 2013

A outra cara da "FESTA" española...

O turismo en España, tradicionalmente está enfocado o turismo de festa, sol e praia, e na última campaña de TurEspaña evocase a esta festa, tan reclamada polos turistas que veñen a España.
Pero esta festa en moitos lugares, chega a ser un auténtico descontrol. Existen sitios moi concurridos por extranxeiros co único fin de emborracharse e perder o control.
Salou ou Ibiza son un destes focos, pero nesta entrada vámonos a centrar en Palma de Mallorca, concretamente en Magalluf.
Esta entrada surxe a partir da polémica sobre a reportaxe emitida na BBC sobre o que acontece neste pobo mallorquín cando o sol "se pon".
Aquí está o link da citada reportaxe: 

http://www.youtube.com/watch?v=o3ZuFHC_6Xc

O que ocorre nesta cidade é un turismo con moitos adeptos, que deixa moito diñeiro na zona, sobre todo na campaña de verán, baseado na inxesta de enormes cantidades de alcohol, moi barato para o peto do turista europeo.
A esta inxesta de alcohol, súmanselle todo tipo de destrozos no mobiliario, altercados nocturnos entre os xóvenes, como pelexas, timos por ladroas que se fan pasar por prostitutas, etc.
Outro práctica común destes individuos, é a practica do "balconing", unha modalidade que consiste en saltar dun balcón á piscina, ou mesmo entre balcóns. Esta práctica, xuntada cas cantidades elevadísimas de alcohol que levan os suxeitos, produce en moitos casos, un final tráxico, como os 12 mortos que contabilizaron no ano 2012. 


Os veciños da zona, queixanse deste novo tipo de turismo, xa que hai uns anos, o que viña era turismo familiar. Eles queren turismo pero esa suciedade polas mañáns, ou eses altercados a altas horas da madrugada, din que non favorecen para nada a imaxe da vila.



O Samur e as ambulancias non dan abasto durante a época de apoxeo, e outras zonas quedan desatendidas.
O roubos aumentan e os que residen na zona viven atemorizados. 
Outro punto que non gustan é a cantidade de violaciones que se producen na zona, o ano 2012, foron entre 15 e 20 violacións ou intentos de violacións no verán.


A España sempre se lle deu esa imaxe de festa no exterior pero, é realmente este tipo de imaxe de "festa" o que queremos dar??




















jueves, 17 de enero de 2013

TurEspaña...


 Queremos presentarvos a todos vos, queridos seguidores, o organismo adicado a promoción de España como producto turístico o redor do mundo. Este é o denominado TURESPAÑA. 



Para lograr o obxetivo de potenciar o turismo español leva a cabo tarefas como a promoción e a comercialización  de destinos nos mercados internacionais, dando oportunidade aos pequenos concellos de publicitarse no exterior e nun mercado mais extenso. Tamén elabora, en colaboración con outros organismos estatales, as bases políticas que regulan o mercado turístico, apoya as empresas turísticas españolas que queren despuntar no exterior e fomenta a creación de plans para a innovación, a calidade, a sostenibilidade e a competitividade dos porductos e destinos estatais.
Todo isto complimentado con unha rede  de oficinas, máis concretamente 33, repartidas en sete rexións do globo.

 A continuación analizaremos algunha das máis famosas e exitosas campañas publicitarias que o organismo  lanzou:

   A primeira delas lánzase en 1984, baixo o eslogan "everything under the sun" o que se ven traducindo ao galego como "todo baixo o sol." Esta  campaña foi unha das mais exitosas e duradeiras, xa que foi empregada nove anos, e nela denótanse dous obxetivos principais: o primeiro, achegar ao extranxeiro o destino España, de ahí que a campaña sexa en inglés, e o segundo; ofertar un turismo de sol praia aos posibles visitantes, esto último suponseao facer tan clara referencia ao sol, pero tamén esquí, gastronomia....etc . Deste xeito o estado de turismo emerxente encamiñouse hacia unha promoción de destino mais diversificada e de maior calidade.


 
 En 1991 o novo slogan "passion for life" remite a un turismo cada vez mais activo e vivo,acorde co noso caracter apaixonado que move a quen nos visita a disfrutar dunhas vacacións.España mostrase como o destino que responde a busqueda do visitante de experiencias e emocions diferentes.
 
 
 
 
 A seguinte campaña mais exitosa da marca turística Turespaña é a de 2002-2003 "Spain Marks", que foi tildada de rompedora polos entendidos do sector do tempo. Esta centrou o seu eixo creativo en considerar a España como un destino con personalidade propia, unha forma de comprender a vida que non deixa indiferente ao visitante, quen queda marcado pola sua pegada. Trátase dunha campaña orixinal, con algún matiz irónico, e de gran beleza estética, con imaxes en branco e negro que contrastan co eslogan sobreimpresionado en vermello.


 
 
 En 2008 Turespaña celebrou os seus 25 anos do logotipo do turismo en España,creado por Joan Miró cunha campaña especifica que se desenrolou durante tres meses paralelamente a campaña genérica "25 years beyond the sun " .O obxetivo desta acción publicitaria foi reforzar o destino España coma destino de primeira orde mundial.O argumento foi unha "viaxe polo tempo " no que os turistas de hai 25 años disfrutan das comodidades e das instalacións de oxe en dia.
 
 
 
 
 









Pois con esto queda solucionado o tema Turespaña, esperamos, queridos seguidores, que vos fora útil o  post,como recorido pola nosa marca España. Un saudo e vémonos no seguinte post! ;)